Monday 16 de September de 2024

O venres e o luns estará aberta a inscrición para apuntarse nas Escolas Deportivas Municipais de Fútbol Sala


En colaboración co Concello de Ordes o Jogafán Ordes Fútbol Sala abre o seu prazo de inscrición de cara á nova tempada 2015-16, tanto na categoría masculina como na feminina. Os días para apuntarse nas Escolas Deportivas Municipais de Fútbol Sala serán os vindeiros venres e luns, 18 e 21 de setembro, de 17 a 18 horas no pavillón Castelao II. Ademais dunha fotocopia do DNI, no caso de telo, tamén é necesaria unha fotografía. A cota anual fixada ascende a 70 €.

Os adestramentos terán lugar no pavillón Castelao II os luns de 17 a 18h para a categoría biberóns (2010-11) e prebenxamíns (2008-09), de 18 a 19h os benxamíns (2006-07), de 19 a 20h os alevíns (2004-05), e de 20 a 21h para os infantís (2002-03) e cadetes (2000-01). No caso das categorías femininas serán os mércores de 19 a 20h, e de 20 a 21h para os infantís e cadetes. Por último, os venres de 18 a 19h volverá ser a quenda para os biberóns e prebenxamíns, de 19 a 20h para os benxamíns e de 20 a 21h para os alevíns.
Para obter máis información pódese chamar ao 609 932 493.